Alcaldes socialistas de Lugo queren que Feijóo explique por que ''bloquea'' os GES

Los alcaldes de Becerreá, A Pontenova y A Fonsagrada, con Rouco y González, en foto difundida por el PSOE
photo_camera Los alcaldes de Becerreá, A Pontenova y A Fonsagrada, con Rouco y González, en foto difundida por el PSOE

Os alcaldes socialistas dos concellos que teñen Grupos de Emerxencias Supramunicipais (GES) na provincia de Lugo —Monterroso, Becerreá, A Fonsagrada e A Pontenova— esixen directamente ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que lles explique os motivos polos que "mantén bloqueados" os fondos para o financiamento deste servizo. Manuel Martínez, rexedor de Becerreá; Argelio Rodríguez, da Fonsagrada; Antonio Gato, de Monterroso e Darío Campos, da Pontenova, presentaron este mércores un escrito na Delegación Territorial da Xunta solicitando unha entrevista co presidente galego para preguntarlle polos fondos pendentes de pago de parte de 2013 e do que vai de 2014.

Con posterioridade, en rolda de prensa, os alcaldes —que estiveron acompañados polos secretarios xeral e de medio rural do PSOE lucense, González Santín e Horacio Rouco, respectivamente— cualificaron a situación de discriminación "inxustificada".

Comentarios