Alcaldes do PSOE de Lugo concéntranse ante a Xunta polo recorte no Plan de Mellora dos Camiños

Os rexedores socialistas recordan que o presuposta para esta iniciativa era de 5,4 millóns de euors, pero apenas se investirán catro entre este exercicio e o seguinte

Os alcaldes socialistas da provincia de Lugo tomaron a decisión de non acudir este mércores ao acto de presentación do Plan de Mellora de Camiños Municipais da Xunta de Galicia ante o que consideran "unha burla do Partido Popular", dado que ese programa contempla unha redución de "máis de 6 millóns de euros" en relación co orzamento asignado o ano pasado.

Máis dunha vintena de alcaldes -dos 28 que ten o partido socialista na provincia- concentráronse ante a Delegación Territorial da Xunta para expresar o seu malestar, porque consideran que ese recorte é "diñeiro que van deixar de recibir" os "veciños" dos seus respectivos municipios.

En nome de todos os alcaldes presentes, o do Valadouro, Edmundo Maseda, recordou que o orzamento dese plan ascendía o ano pasado a 5,4 millóns, pero sumado o que se investirá entre este exercicio e o próximo, apenas pasa de catro millóns.

"É un recorte de máis de 6 millóns" en dous anos, precisou o rexedor, o que "deixa nunha situación moi grave a moitos concellos", dado que esta axuda é "a única que en moitos casos reciben por parte da Xunta".

Precisou, de feito, que nalgúns casos pode supor ata "o 50% do seu capítulo de investimentos".

Comentarios