Ao ritmo da banda

Familia de Pinín de Burela (Foto: AMA)
photo_camera Familia de Pinín de Burela (Foto: AMA)

Os NIÑOS das bandas de Burela e Guitiriz gozan ata o sábado dun campamento musical no cámping da Devesa organizado pola asociación Amigos e Amigas dá Banda de Burela. Trátase dunha actividade que combina unha parte didáctica, posto que traballan en pezas musicais da man dos profesores Roberto Bouça, Abel Riveira e Israel Arranz, con outra máis lúdica na que realizan distintas actividades programadas polos monitores. Un dos talleres dos que puideron gozar foi un de música pop impartido polo músico burelense Manolo Maseda, membro de grupos como Os Diplomáticos ou Serra-lhe aí. O punto final porao un concerto programado no mesmo cámping para o sábado ás 12.00 horas.

Comida familiar en Burela

Os irmáns Pinín de Burela -Manolo, Trindade, Pepe, Mario, Carlos, Antonio, Jesús e Constantino, ‘Nené'- celebraron cunha comida no restaurante O Sargo os 57 anos que levan residindo en Burela. Todos chegaron procedentes de Trabada debido ao traslado do seu pai que era garda forestal e tan ben se acomodaron na localidade que todos seguen residindo nela.

Actividades infantís en Ferreira

A Oficina Municipal de Información Xuvenil (Omix) do Valadouro continúa co seu programa de actividades para os máis pequenos: a última un circuíto de miniquads no patio do colexio de Ferreira.

Comentarios