Polo menos catro nenos perderon a vida no incendio de Portugal

Rodrigo Rosário, de catro anos, falecía xunto ao seu tío
Un coche quemado en la carretera entre Figueiro dos Vinhos y Castanheira de Pera, Portugal
photo_camera Un coche quemado en la carretera entre Figueiro dos Vinhos y Castanheira de Pera, Portugal

Máis 60 persoas faleceron no incendio de Portugal, un dos máis graves da historia, entre as cales se atopan catro menores.

Rodrigo Rosário, de catro anos, falecía xunto ao seu tío tras sufrir un accidente de coche en Nogueirinho. Aínda que intentaron afastarse do lume, os vehículos implicados no sinistro foron alcanzados por unha árbore en chamas. Os pais do pequeno atopábanse de lúa de mel en Cabo Verde, segundo informa o diario luso Jornal de Noticias.

Así mesmo, outros tres nenos perderon a vida. Dous deles, entre os cino e os seis anos, atopábanse coa súa nai nun automóbil e outra menor de catro anos, xunto á súa avoa, morreu vítima das chamas. 

Comentarios