A Alfredo Llano parécelle ben a presenza dos veciños no pleno de hoxe

Acudirán membros da plataforma de afectados polos futuros cambios de tráfico en Arcadio Pardiñas e Eijo Garay
Alfredo Llano
photo_camera Alfredo Llano

O alcalde de Burela, Alfredo Llano, acepta de bo grado a presenza dos veciños no pleno previsto para as 20.00 horas desta tarde.

Na sesión acudirá, por petición propia, a plataforma de afectados pola reforma da avenida Arcadio Pardiñas, en relación aos plans de patonalización para parte da vía.

O rexedor asegura que tanto o equipo e goberno como o BNG promoverán emendas en substitución á presentada polo PP para evitar a reforma anunciada, sobre a que di "é un queda ben con algunha xente".

Comentarios