Aires musicais no val

Los alumnos y su maestro, durante la actuación en Carracedo. Foto: VILA
photo_camera Los alumnos y su maestro, durante la actuación en Carracedo. Foto: VILA

A música foi dende sempre un dos sinais de identidade da agrupación cultural Val de Láncara, que chegou a ter ata 27 gaiteiros na década dos 90 e que mesmo gravou un disco no 2002, baixo o título ‘Marmurios de gaita no val’, do cal se editaron unhas mil copias. Hoxe, son unha ducia os nenos e mozos que se forman no seo deste colectivo, recuperando así unha tradición moi arraigada na parroquia e no resto do concello.

A principios do século pasado, Láncara contaba xa cun construtor de gaitas, o artesán Antonio López, veciño das Agrolazas, na parroquia de Bande. Quizais a súa persoa tivese unha influencia decisiva no grande interese xurdido nestas terras polo mundo da gaita, unha afección que anos máis tarde soubo canalizar a asociación.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios