Unha masa de aire frío situarase este venres en Galicia nas capas altas, o que provocará inestabilidade atmosférica e que haxa alternancia de nubes e claros, así como a posibilidade dalgún chuvasco illado e ocasional a partir do mediodía, segundo a predición de Meteogalicia.
As temperaturas non experimentarán cambios significativos.
O vento soprará frouxo, do sueste pola mañá e variable pola tarde.
Temperaturas mínimas e máximas previstas para nas cidades:
A Coruña 8° 13°
Ferrol 7° 14°
Lugo 0° 13°
Ourense 1° 17°
Pontevedra 7° 18°
Santiago 6° 14°
Vigo 10° 19°.