Guillermo Cabarcos: ''Aínda quedan chalados que fan cousas interesantes''

Antonio Cabarcos (Foto: M.M.)
photo_camera Antonio Cabarcos (Foto: M.M.)

Prexubilado de Endesa dende 2005 e amante da aeronáutica por enriba de todo, o pontés Guillermo Cabarcos continúa tres décadas despois coa súa paixón, buscando batir novos récords de voo e construíndo un hidroavión para poder gozar do lago da localidade

ESTÁ Afeito a asumir riscos e a pasar case máis tempo entre as nubes que cos pés no chan. «Cando che pica o bicho non hai antídoto que o cure», di entre risas o pontés Guillermo Cabarcos, na súa singular maneira de resumir máis de tres décadas de paixón pola aeronáutica que lle permitiron percorrer medio mundo a bordo dos avións que el mesmo constrúe.

Cando comezou a súa afección?

Foi a finais dos anos setenta cando decidín sacar a licenza de piloto privado en Santiago e funme metendo pouco a pouco nun mundo que xa me apaixonaba. Gústame a excelencia, e idealizaba este mundo moi preto dela. Os materiais dos que eran feitos os avións, as vestimentas e a elegancia no trato dos pilotos. Agora, co paso do tempo, funme desencantando e dinme conta que non é unha afección tan excelente.

Aínda así, esta paixón ocupa a meirande parte do seu tempo, xa que non só se limita a voar.

Así é. Ademais diso tamén constrúo os meus propios avións. Pero decántome máis por voar, pese a que a climatoloxía do país non axuda, e ás veces obríganos a pasar máis tempo ao carón dos tizóns comendo castañas, que tamén é bo.

DE PRETO
''Os avións teñen alma; se os tratas ben, axúdanche''

Cantos avións ten na actualidade?

Teño catro e algún outro máis en proxecto. Un na Coruña, outro en Rozas e algún máis na casa. 

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios