Esgotado en todo o país o disfrace estrela de Halloween: Puigdemont

Por un prezo de 40 euros os cidadáns que estiveron máis áxiles poderán lucir o peculiar look do president
Escaparate con el disfraz del presidente de la Generalitat
photo_camera Escaparate con el disfraz del presidente de la Generalitat

O pallaso de It tiña toda as papeletas para arrasar este ano en Halloween, pero non contou con que España é diferente. Aquí a actualidade catalá devorouno todo, incluso as celebracións de Samain, e o disfrace de Carles Puigdemont postúlase como o máis popular para estas datas.

Casa del Disfraz propuxo hai unhas semanas o seu particular referendo en internet para elixir a vestimenta estrela deste Halloween e o presidente da Generalitat si gañou nesta ocasión tras unha dura pugna co fillo da Tomasa –o xihadista que ameazou aos españois e acabou converténdose na burla das redes sociais–.

Como non podía ser doutro xeito a vestimenta consta dunha perruca que emula o característico peiteado do líder catalán, unhas lentes, chaqueta, camisa sen mangas, unha gravata e unha estelada para darlle o toque final ao traxe.

O disfrace de Puiglítico, como así foi bautizado pola propia Casa del Disfraz véndese por un prezo de 39,95 euros, aínda que se está a pensar en compralo debe saber que se atopa esgotado en todo o país, polo que deberá intentar aterrar aos seus amigos e coñecidos cunha alternativa ou fabricarse o seu propio de forma caseira.

Comentarios