Afamon organiza varias actividades con motivo do Día Mundial do Alzhéimer

O colectivo Afamon, que reúne a familiares de enfermos de alzhéimer de Monforte, organiza nos próximos días varias actividades relacionadas coa celebración do Día Mundial do Alzhéimer que ten lugar mañá.

Os actos de Monforte comezarán o venres coa proxección, ás 18.00 horas na casa da cultura, da documental ‘Bicicleta, culler, mazá' protagonizado por Pascual Maragall.

O sábado, entre as 10.00 e as 14.00 horas, colocarase unha mesa informativa na Rúa Cardeal desde a que se ofrecerá información sobre a enfermidade, entregaranse manuais para os coidadores, pero tamén se venderán participacións da lotería de Nadal da entidade.

Para o vindeiro mércores 28 está prevista unha mesa redonda a cargo dun psiquiatra que abordará os avances no alzhéimer.

Comentarios