Adxudican 230.000 euros en obras para conservar o Camiño Francés

As obras foron contratadas a Construcións Isidro Otero SL
Grupo de peregrinas a su paso por el municipio de Sarria
photo_camera Grupo de peregrinas a su paso por el municipio de Sarria

A Axencia de Turismo de Galicia adxudicou nunha suma próxima aos 230.000 euros operacións de mantemento e conservación do Camiño Francés ao seu paso por toda a comunidade galega, o que afecta, entre outros municipios, aos de Triacastela, Samos, Sarria e Paradela, na comarca sarriá.

As obras foron contratadas á empresa Construcións Isidro Otero SL, dentro dun procedemento iniciado hai xa varios meses e ao que se presentaron unha vintena de firmas.

O orzamento para esta actuación repártese en dúas anualidades, de modo que a este ano correspóndenlle 172.000 euros, mentres que os máis de 57.000 restantes irán con cargo ao próximo exercicio económico.

O prazo de execución destas tarefas é de doce meses, contados desde o momento da firma do contrato, formalización que se produciu recentemente.

OUTRAS RUTAS XACOBEAS. Este procedemento de contratación dividiuse en dous lotes, de forma que o primeiro correspondeu ao Camiño Francés e o segundo, a outras rutas xacobeas ao seu paso por Galicia. Neste caso, a actuación foi contratada a Misturas, Obras e Proxectos SA en 1.163.000 euros.

Os traballos de mantemiento destoutras vías terán tamén un prazo dun ano e financiaranse con 872.000 euros neste exercicio e cunha partida de 291.000 en 2018.

Comentarios