Adicae cifra nun 26% o diñeiro recuperado polos preferentistas a través da arbitraxe

A asociación de usuarios de bancos, caixas e seguros ADICAE cifrou nun 26 por cento o diñeiro recuperado polos tenedores de preferentes e débeda subordinada de Novagalica Banco.

ADICAE resalta nun comunicado que os datos facilitados polo presidente do FROB, Fernando Restoy, no Congreso dos Deputados de que o 50 por cento dos afectados de Bankia, CatalunyaBanc e NCG recuperarán o seu diñeiro pola vía da arbitraxe son, "cando menos, difíciles de apoiar".

No caso da entidade galega, explica que "os datos confirman que tan só se recuperou o 26 % do investimento a través da arbitraxe".

Recolle tamén sobre NCG que "case a metade dos pequenos aforradores afectados perderon un terzo do seu diñeiro, contrariamente ás cifras manipuladas que trasladan desde a entidade galega".

Comentarios