As adegas preparan catro millóns de litros de viño da colleita 2015

É a segunda mellor campaña da historia da Denominación de Orixe Ribeira Sacra
Un operario de la bodega Guímaro limpia de bagazo el mosto antes de entrar a fermentar en las cubas.
photo_camera Un operario de la bodega Guímaro limpia de bagazo el mosto antes de entrar a fermentar en las cubas.

A vendima na Ribeira Sacra concluíu tecnicamente este fin de semana. Soamente quedan abertas cinco das 95 adegas amparadas pola denominación de orixe. Os quilos de uvas que entraron nas cubas para cocer ascenden a algo máis de seis millóns, cos que se producirán ao redor de catro millóns de litros de viño, a maioría tinto, coa variedade mencía como predominante.

Trátase da segunda mellor campaña en canto a cantidade de froito desde a consecución en 1996 do selo da denominación. Únicamente houbo un ano no que se superou esta cifra. Foi en 2001, cando se chegou aos 6,9 millóns de quilos. En campañas anteriores e posteriores a recolección arroxou números que foron dos 4,7 aos 5,6 millóns.

Nas adegas e no consello regulador están moi satisfeitos pola campaña deste ano, sobre todo ao entrar as uvas nas cubas cunha calidade sanitaria excelente e cunha gradación alta, que non se recordaba, grazas a meses de intensa calor e falta de choivas, polo que o viño desta anada podería obter facilmente a categoría de excelente cando se faga a cata de cualificación a principios do próximo ano.

Pódese dicir que Ribeira Sacra é tinta. Dos catro millóns de litros de viño que sairán ao mercado a partir de marzo, a inmensa maioría serán da variedade mencía. Haberá ao redor dos 200.000 litros de viño branco, das variedades godello e albariño, pero sobre todo da primeira.

No consello regulador están convencidos de que hai mercado para tal cantidade de viño vista a evolución da demanda.

incremento. Lonxe de haberse estancado ou reducido as vendas, os viños amparados pola denominación interesan cada vez máis aos consumidores.

Este ano, a venda no mercado nacional ascendeu aos 2,5 millóns de litros, mentres que ao autonómico foi de 1,3.

Iso fai pensar que se está investindo a tendencia, pois ata agora a maioría dos consumidores dos caldos elaborados na Ribeira Sacra estaban dentro da comunidade autónoma galega.

Como no caso da exportación, crese que a cada vez maior presenza dos Ribeira Sacra en guías especializadas, cunha alta valoración por parte de recoñecidos os expertos, é o que propiciou que os viños desta zona dean o salto fóra de Galicia, o seu mercado natural desde sempre.

Comentarios