Adega denuncia que se asfaltou un aparcadoiro na área protexida dunha igrexa de Begonte

A asociación sospeita que o Concello nin informou á Consellería de Cultura dos traballos, levados a cabo en Trobo
Aparcamiento asfaltado ante el cementerio de la iglesia de Trobo, en foto difundida por Adega
photo_camera Aparcamiento asfaltado ante el cementerio de la iglesia de Trobo, en foto difundida por Adega

A asociación ecoloxista Adega denunciou este xoves que o Concello de Begonte levou a cabo obras para construír un aparcadoiro na contorna da igrexa de Trobo, onde se atopan inventariados e catalogados un cemiterio e un cruceiro (próximos tamén a un castro) que contan cun perímetro de protección.

As obras, segundo explica Adega nun comunicado, consistiron nun recheo con grava dun espazo duns 900 metros cadrados e unha altura de 1,2 metros. Construíuse un muro de contención con pedras "de grandes dimensións" e asfaltouse a citada superficie.

"O impacto que as obras do aparcadoiro tiveron no territorio protexido fai desconfiar da existencia da pertinente autorización" da Consellería de Cultura, sinala Adega.

A asociación dubida incluso de que a Xunta fose informada, razón pola que pediu información á consellería sobre este caso.

Comentarios