Acode a facerse unha circuncisión e un médico pontevedrés realízalle unha vasectomía por erro

O urólogo foi inhabilitado e condenado a unha pena de cárcere ►O suceso tivo lugar no Hospital Miguel Domínguez
Vista de un quirófano
photo_camera Vista de un quirófano

Un médico pontevedrés foi condenado a seis meses de cárcere e inhabilitación para exercer a súa profesión tras practicarlle por erro unha vasectomía a un paciente que acudira a facerse unha circuncisión.

O suceso tivo lugar no mes de marzo de 2013 no Hospital Miguel Domínguez da capital pontevedresa –onde fora derivado o afectado polo Sergas–, cuxo seguro deberá indemnizar con ao redor de 15.000 euros ao paciente pola neglixencia.

A causa do erro, segundo sinala a sentenza do xuízo, celebrado na Audiencia Provincial de Pontevedra, foi que o urólogo non revisou adecuadamente o historial clínico do paciente, algo que el mesmo recoñeceu.

Ademais o home que ía ser circuncidado sufriu unha taquicardia nos instantes previos á intervención, polo que o médico non puido manter a habitual conversación neste tipo de operacións.

Por fortuna para o paciente a intervención non era defitinitiva, pero tivo que ser operado pouco tempo despois para revertela. O afectado, no entanto, aclarou no xuízo que o seu nivel de espermatozoides é baixo, así como a calidade do seu seme.

Comentarios