Acepta seis meses por exhibicionismo nun parque infantil

Un home, que responde ás iniciais M.A.L.M., aceptou unha pena de seis meses de prisión por mostrar unha clara conducta exhibicionista mentras estaba no parque infantil de A Compañía.

Segundo recolle o escrito de dilixencias previas do fiscal, o pasado 13 de agosto do ano 2010, ás 16.23 horas da tarde, o acusado atopábase tumbado boca arriba no xardín do parque contiguo ó colexio dos Pais Escolapios, na zona da Compañía, preto a unha área de xogos infantil cando, con ánimo libidinoso, baixou os pantalóns e calzonzillos e se dirixiu aos menores de idade que se encontraban no lugar mostrando e manoseándo en modo masturbación coa man o seu pene en dirección aos cativos, atentando contra a súa indemnidade sexual.

Os feitos foron constitutivos dun delito de exhibicionismo e pese a que nun primeiro momento o fiscal pedía nove meses de cárcere para o acusado finalmente M.A.L.M. aceptou de conformidade unha pena de seis meses coa posibilidade de supresión se non delinque en dous anos.

Comentarios