Abre as súas portas, logo dun ano de obras, o Hotel Cardenal de Monforte

O complexo, situado en pleno centro da cidade, conta con 40 habitacións e ten catro estrelas

O Hotel Cardenal, un proxecto turístico iniciado hai un ano polo empresario José Antonio Vázquez Reñones, abriu este sábado as súas portas logo dunhas obras nas que participaron 24 empresas, 22 delas da Ribeira Sacra.

O complexo serviu para rehabilitar o antigo Hotel Castillo, un establecemento que funcionou durante catro décadas na cidade e que pechou no 2008. Tras unha reconstrución integral do edificio, o Hotel Cardenal mace con catro estrelas, o único desta categoría en Monforte xunto ao Parador.

Comentarios