Abonos de nova xeración

Un vecino de Xove, con su contenedor de compostaje. CDL.
photo_camera Un vecino de Xove, con su contenedor de compostaje. CDL.

O programa de compostaxe permite obter abono orgánico de xeito limpo e axuda aos concellos a aforrar custos

Agricultura ecolóxica. Xove súmase á lista de municipios que xa dispoñen do sistema de compostaxe promovida por Sogama e desenvolvido grazas aos excelentes resultados do programa experimental que se realizou en 2010 en cinco concellos da comarca.

a sociedade Galega de Medio Ambiente (Sogama) vén de doar 30 composteros a Xove, así como material divulgativo, para que os veciños interesados en adquirir un aproveiten ao máximo o colector. O programa facilita a reciclaxe e a obtención de abono orgánico para o seu aproveitamento nos terreos ou xardíns. Esta iniciativa está cada vez máis presente nos fogares galegos grazas a que A Mariña foi unha comarca pioneira nesta práctica, xa que en 2010 Alfoz, Lourenzá, Cervo, Trabada e Barreiros iniciaron este proxecto de forma experimental. Os bos resultados fixeron que o programa se estendese por toda a comunidade, sendo Ribadeo e Xove os últimos concellos mariñáns en apuntarse.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios