FICHA TÉCNICA

99-63. Fin do soño do Breogán na Coruña

O club lucense cae con claridade na cancha do Leyma e di adeus ás aspiracións de ascenso á Liga ACB

O Cafés Candelas Breogán ofreceu a súa peor imaxe do play off xustamente no partido decisivio, que perdeu na cancha do Leyma Coruña por un contundente 99-63.

Un novo ano, o soño breoganista vese truncado. E iso a pesar de que contou co apoio de máis de mil afeccionados na cidade herculina.

O equipo que adestra o exbreoganista Tito Díaz foi este martes moi superior ao de Quique Fraga, que apenas opuxo resistencia. Ponse así o colofón a unha tempada para o esquecemento.

O Coruña, cuxa traxectoria e preparación tivo durante a tempada todo aquilo que lle faltou ao Breogán, soubo facer dano aos lucenses e decantou pronto o partido ao seu favor, ata o punto de que sobrou a segunda parte. Ao final, 3-2 para o Leyma Coruña, que segue adiante.

Comentarios