Ficha técnica:

1-1. Un punto que apenas sabe

Os chairegos adiantáronse no 58' cun gol de Make que tivo a réplica só cinco minutos máis tarde

O Vilalbés levou un empate de Espiñedo que sabe a pouco. O conxunto chiarego foi o claro dominador dun duelo moi intenso no que as ocasións foron unicamente visitantes. Ata o tanto de Make, ao fío da hora de partido, os pupilos de Óscar Gilsanz maniataron a un bloque local, impreciso e moi frouxo no centro do campo.

Villares, Antonio e o autor do gol, Make, gozaran, xa no primeiro tempo, de claras ocasións para romper a igualdade que non souberon materializar. Apenas cinco minutos despois do tanto do Vilalbés, na única acción de perigo locatario, Rubén Arce transformou un penalti cometido por Antonio para establecer unha igualdade que foi inamovible.

►Le a crónica completa do partido na versión impresa de mañá en El Progreso◄

Comentarios