Vinculan un dos agresores do sur de Londres cun grupo radical islamita belga

Un dos agresores de Londres, identificado como Michael Adebolajo, de 28 anos, podería ter conexións co grupo radical islamita Sharia4Belgium, organización que promovía a aplicación da lei islámica en Bélxica e que se disolveu en 2012.

Adebolajo converteuse ao Islam hai unha década guiado por Anjem Choudary, mentor do portavoz de Sharia4Belgium, Fouad Belkacem, publica hoxe o diario flamenco Het Laatste Nieuws.

O agresor ademais coñecía persoalmente ao predicador radical británico Mizanur Rahman, quen tamén mantiña relacións con radicais en Bélxica, segundo indicou este mesmo no seu perfil de Facebook.

Rahman, en prisión por incitación ao asasinato, foi un dos invitados por Shariah4Belgium en Anveres.

Os dous agresores, británicos de orixe nixeriana, foron feridos por disparos da Policía e capturados pouco logo de matar a machetazos no barrio de Woolwich (sur de Londres) o militar Le Rigby, de 25 anos.

Comentarios