Utilizarán o ADN do can para identificar aos donos que non recollen os seus excrementos

Unha asociación de veciños de Florida (EEUU) realizará probas de ADN aos excrementos de cans para identificar aos donos que non recollan os excrementos que deixan as súas mascotas nas zonas comúns do complexo de apartamentos, informaron este mércores medios locais.

A partir do 1 de agosto, os residentes deste condominio de 485 vivendas deberán abonar 200 dólares á empresa DNA Pet World Registry para que arquive a información xenética dos cans, que levarán un colar con identificación, indicou na súa páxina web o diario The Palm Beach Post. Unha vez almacenada a información, as mostras de excrementos atopados nas áreas comúns sen recoller serán enviadas a esta compañía con sede no estado de Tennessee (EEUU) para a súa comparación.

A asociación de veciños de The Village of Abacoa, na cidade de Jupiter (costa este de Florida) ameaza, ademais, con impor unha multa de mil dólares aos donos dos cans cuxo ADN, extraído da saliva, coincida co das mostras de excrementos non recolleitos".

Segundo a asociación, os gastos anuais de limpeza de chan por excrementos de can que os seus donos non recollen alcanzan os 10.000 e 12.000 dólares. No caso de reiteración, aqueles que non recollan os excrementos das súas mascotas poderían incluso ata perder ao seu can.

Comentarios