Un home mata a dúas persoas cunha escopeta en Moscova

O autor dos feitos feriu a outras tres persoas e incendiou a vivenda lindeira á súa

Un home armado matou a dúas persoas e feriu a outros tres ao dispararlles desde a súa vivenda nunha pequena localidade da rexión de Moscova, segundo informan as autoridades locais.

O individuo, nacido en 1967, disparou contra os transeúntes cunha escopeta de caza no pobo de Krátovo e incendiou a vivenda lindeira.

Segundo fontes oficiais, a policía local e a Garda Nacional intenta agora acceder á casa para inmobilizar ao atacante, que foi descrito como "inestable".

Dos tres feridos, un home e unha muller atópanse en estado crítico, segundo fontes médicas citadas pola axencia Interfax.

As autoridades descoñecen polo momento que causou a ira do atacante, que se parapetou no seu domicilio.

Comentarios