Un individuo cun coitelo provoca o pánico na estación do Norte de París

Este suceso chega dous días despois do atentado que lle custou a vida a un policía nos Campos Elíseos

Un home cun coitelo provocou este sábado un breve movemento de pánico na estación do Norte de París , antes de ser detido pola policía.

Dous días despois do atentado que custou a vida a un policía nos Campos Elíseos da capital, os viaxeiros correron despavoridos polos corredores da estación ao ver a un home que portaba un coitelo. Alertados polos pasaxeiros, axentes de seguridade acudiron ao lugar e detiveron ao individuo.

A empresa pública de ferrocarrís de Francia SNCF asegurou que o caso non provocou o peche da estación, na que todos os trens circularon con normalidade. 

Comentarios