Tres detidos en Tunisia pola súa vinculación co terrorista de Berlín

Un deles é o seu sobriño, que admitiría a súa pertenza ao Estado Islámico
La madre de Anis Amri muestra un retrato de su hijo, abatido a tiros en Milán
photo_camera La madre de Anis Amri muestra un retrato de su hijo, abatido a tiros en Milán

As autoridades tunisianas detiveron este sábado a tres supostos xihadistas, entre eles ao sobriño do presunto autor do atentado de Berlín, Anís Amri, morto nun tiroteo coa Policía en Milán o venres.

Os tres, de idades comprendidas entre 18 e 28 anos, foron arrestados a pasada madrugada no pobo de Fuchana, xunto á capital tunisiana, e no pobo natal de Anís Amri, Oueslatía (provincia de Qairaouán, centro-sur), precisou o Ministerio do Interior tunisiano nun comunicado.

O sobriño de Amri recoñeceu que estaba en contacto co seu tío a través da aplicación Telegram, engade a nota, e que prestou xuramento ao grupo terrorista Estado Islámico (EI) nun vídeo despois de que o seu familiar o captase e convencese de facelo.

O mozo declarou tamén que o seu tío lle enviou "unha importante cantidade de diñeiro" para que viaxase a Alemaña para integrarse na célula que dirixía o emir Abú Aláa. Os detidos foron imputados de pertenza a unha organización terrorista, segundo a fonte.

O pasado luns, Anís Amri, de 25 anos, roubou un camión en Berlín e conduciu ata un concorrido mercadillo do Nadal, onde embestiu á multitude a gran velocidade. Doce persoas morreron e medio centenar resultaron feridas neste ataque, o primeiro gran atentado xihadista en chan alemán, que foi reivindicado polo Estado islámico (EI).

Amri morreu nun tiroteo coa Policía italiana en Milán, tras pasar catro días fuxido, cando o tunisiano abriu fogo sobre os axentes cando estes lle solicitaron identificarse.

Comentarios