Trasplantan por primeira vez o ril dun porco a un humano

A proeza foi lograda por un grupo de médicos do hospital New York University Langone, dirixidos polo doutor Robert Montgomery
Un quirófano.CATALINA ROJAS (Pixabay)
photo_camera Un quirófano.CATALINA ROJAS (Pixabay)

A técnica de transplantes de órganos avanza sen cesar. No entanto, a escaseza de doantes e de órganos válidos presenta un problema difícil de resolver.

Un grupo de médicos do hospital New York University Langone, dirixidos polo doutor Robert Montgomery deu o primeiro paso cara á solución: lograron trasplantar o ril dun porco a un humano.

Este animal é o máis apto para este tipo de tarefas. Con todo houbo que realizar unha modificación xenética, pois de normal os órganos do porco conteñen unha molécula de azucre que o corpo humano rexeita. 

O órgano do porco foi probado nun paciente en morte cerebral. A súa familia deu o visto e prace para que se efectuase o experimento durante algo máis de dous días -54 horas- antes de quitarlle o soporte vital.

Comentarios