O Santuario de Lourdes denuncia a unha artista que se espiu na Gruta

A artista franco-luxemburguesa Déborah de Robertis apareceu sen roupa, coas mans en posición de rezo e a cabeza cuberta cun veo azul

La artista Déborah de Robertis en Lourdes. YOUTUBE
photo_camera A artista Déborah de Robertis en Lourdes. YOUTUBE

O Santuario da nosa Señora de Lourdes anunciou que interpuxo unha denuncia contra a artista franco-luxemburguesa Déborah de Robertis que o pasado venres se espiu na Gruta das Aparicións durante un acto relixioso.

O espido tivo lugar o pasado venres pola tarde no curso dunha procesión cando unha muller apareceu completamente espida ante a estatua da Virxe.

"O sábado 1 de setembro descubrimos que se tratou dun acto premeditado, vinculado a unha intención supostamente artística", denunciou o Santuario nun comunicado.

O organismo condeno este acto "de exhibicionismo, que impactou aos fieis presentes na Gruta nese momento" e deplorou "tal desprezo da conciencia relixiosa e da liberdade de culto".

"Todas as nosas desculpas aos peregrinos presentes naquel momento e, en particular, ás familias con nenos", apuntou.

Segundo o semanario Le Journal du Dimanche, que revelou o acto de De Robertis, de 34 anos, esta situouse ante o santuario espida, coas mans en posición de rezo e a cabeza cuberta cun veo azul, antes de que os propios peregrinos se achegasen para tratar de tapala.

Tras recibir varias chamadas de testemuñas, a policía detivo a artista, que será xulgada en maio de 2019 nun tribunal correccional por exhibición sexual, segundo detallou o fiscal de Tarbes, Pierre Aurignac, na emisora Europe 1.

De Robertis foi citada por exhibicionismo en outubro de 2017 tras realizar un acto similar no Museo do Louvre de París, pero a Xustiza púxoa en liberdade aceptando que se trataba dun acto militante e artístico para abrir interrogantes sobre o lugar das mulleres na historia da arte. 

Comentarios