Unha profesora con Covid-19 falece no medio dunha clase virtual cos seus alumnos

O suceso tivo lugar en Arxentina. Paola de Simone tenia 46 anos e impartía leccións na Universidade Arxentina da Empresa

Unha profesora, con síntomas Covid-19, faleceu repentinamente no medio dunha clase virtual ante os seus alumnos.

A docente levaba catro semanas con malestar compatible co coronavirus e mostrara a través das redes sociais a súa preocupación pola situación.

Paola de Simone tiña 46 anos e impartía clase na Universidade Arxentina da Empresa. Estaba casada e tiña unha filla.

A causa directa da morte, segundo apuntan os primeiros indicios, sería un accidente cardiovascular, do que a Covid-19 podería ser a detonante.

Comentarios