Polo menos tres acertantes nunha lotería de EE UU co premio récord de 1.500 millóns de dólares

Os boletos afortunados vendéronse en California, Florida e Tennessee. A probabilidade de acertar era dunha contra 292 millóns
Una multitud felicita a M. Faroqui (derecha), empleado del establecimiento donde se vendió una de las tres apuestas ganadoras
photo_camera Una multitud felicita a M. Faroqui (derecha), empleado del establecimiento donde se vendió una de las tres apuestas ganadoras

Tres persoas acertaron os números do sorteo de lotería co maior premio da historia de Estados Unidos, 1.500 millóns de dólares, informaron este mércores os responsables das loterías de California.

Nun primeiro momento tras o sorteo, coñeceuse que polo menos había un boleto premiado que foi vendido nunha tenda 7-Eleven de Chino Hills (sur de California), pero horas máis tarde a directora de comunicación das loterías de California, Russ López, indicou que tamén houbo boletos premiados en Florida e Tennessee.

Entre estes tres acertantes deberá repartirse o bote íntegro de 1.500 millóns en pagos anuais durante 29 anos, ou ben nun só pago 930 millóns de dólares (sempre antes de impostos).

Os números agraciados no sorteo deste mércores foron 4, 8, 19, 27, 34 e o número Powerball 10.

Ademais dun dos gañadores, en California (o estado máis poboado do país) tamén se venderon outros 12 boletos nos que ata cinco número coincidiron cos premiados.

O xugoso premio desatara máxima expectación en EE UU, e durante este mércores víronse colas de xente en establecementos do país para non perder a oportunidade de adquirir un boleto antes do sorteo.

Desde o pasado 4 de novembro, ninguén lograra o primeiro premio da lotería durante 19 sorteos consecutivos dadas as escasísimas posibilidades (unha entre 292 millóns) que hai de acertar a serie de seis números gañadora.

A lotería Powerball xógase en 44 estados de EE UU, no Distrito de Columbia (onde se atopa Washington, a capital), en Porto Rico e nas Illas Virxes.

En marzo de 2012, a lotería Mega Millions repartiu 656 millóns de dólares, que ata agora era o maior premio na historia do país.

Tanto Powerball como Mega Millions diminuíron nos últimos anos as probabilidades de gañar os seus botes para propiciar varios sorteos consecutivos, cuxas xugosas cifras atraen cada vez máis compradores e xeran vendas multimillonarias.

Comentarios