A Eurocámara estuda enviar unha misión a España tras os casos de espionaxe

O Goberno decidiu este martes destituír á directora do Centro Nacional de Intelixencia (CNI), Paz Esteban, que será substituída pola secretaria de Estado de Defensa, Esperanza Casteleiro
La Eurocámara. EP
photo_camera La Eurocámara. EP

O Parlamento Europeo está a estudar a posibilidade de enviar unha misión a España para analizar os casos de espionaxe política confirmaron este martes a Efe diversas fontes parlamentarias.

A opción expúxose durante a reunión de coordinadores da comisión de investigación sobre o programa Pegasus, que este martes celebrou a súa segunda sesión, tras a súa sesión inaugural o pasado 19 de abril. 

En cambio, si se anunciou que a Eurocámara enviará misións parlamentarias a Israel -país do que procede a empresa NSO, propietaria de Pegasus- e a Hungría e Polonia, cuxos gobernos admitiron a compra do programa de espionaxe e con quen Bruxelas ten abertos varios expedientes por violar o Estado de dereito. 

Durante a reunión deste martes, expúxose tamén a posibilidade de enviar outra misión a Estados Unidos.

Os casos de espionaxe política en España saldouse este martes coa decisión do Goberno da destituír á directora do Centro Nacional de Intelixencia Paz Esteban, que será substituída pola secretaria de Estado de Defensa, Esperanza Casteleiro. 

A súa destitución prodúcese despois de que Esteban recoñecese a semana pasada na comisión de segredos do Congreso dos Deputados que o CNI ordenou espiar en 2019 con autorización xudicial ao presidente catalán, Pere Aragonès, cando aínda era vicepresidente da Generalitat. 

A xa exdirectora do CNI afirmou tamén que se espiara en total a 18 políticos.

A súa comparecencia ante o Congreso produciuse despois de que o instituto canadense Citizens Lab publicase que 63 políticos independentistas e persoas da súa contorna foron espiados. 

Comentarios