Morre unha parella polaca ao caer por un cantil mentres os seus fillos lles facían unha foto

As autoridades portuguesas rescataron hoxe sen vida a un matrimonio polaco que caera o sábado desde 80 metros de altura cando os seus dous fillos estaban a facerlles unha fotografía no turístico Cabo da Roca (oeste de Lisboa).

O matrimonio, duns 40 anos, despeñouse cando pasou a barreira de seguridade da zona para, supostamente, lograr un mellor ángulo na fotografía.

Ambos demoraron en ser rescatados pola "inestabilidade xeolóxica do terreo", dixeron fontes dos equipos de salvamento, que usaron un helicóptero e 14 bombeiros.

O tráxico accidente foi presenciado polos dous fillos do matrimonio, de 5 e 6 anos de idade, que necesitaron apoio psicolóxico e foron atendidos polos servizos sociais portugueses mentres contactan con familiares dos pequenos en Polonia.

O Cabo da Roca, situado na costa de Sintra, a uns 30 quilómetros de Lisboa, é o punto máis occidental de Portugal continental e recibe miles de turistas cada ano.

Comentarios