Morre o condutor de autobús que recibiu unha malleira en Bayona

No dejó subir a sus agresores porque no llevaban mascarillas y estos respondieron dándole patadas
Marcha por Bayona en protesta por la agresión a Monguillot. EFE
photo_camera Marcha por Bayona en protesta pola agresión a Monguillot. EFE

O condutor do autobús que foi golpeado en Bayona por dous mozos aos que lles negou a viaxe por non levar máscara faleceu este venres, tras non poder recuperarse das lesións sufridas.

Philippe Monguillot, de 59 anos, levaba desde o domingo en morte cerebral logo da agresión sufrida na localidade francesa. "Decidimos deixalo ir", anunciou a súa filla este venres nas redes sociais, algo que corroborou despois a muller do falecido.

Hai catro detidos por este caso que conmocionou a Francia: os dous mozos que supostamente lle propinaron a malleira, de 22 e 23 anos, e outras dúas persoas que lles deron acubillo e que tampouco prestaron atención ao chofer. A máscara é obrigatoria no transporte público en Francia.