Morre a muller británica intoxicada con Novichok

O home achado inconsciente xunto a ela en Amesbury segue ingresado en estado grave

VIvienda de la pareja intoxicada por el Navichok.RICK FINDLER (Efe)
photo_camera Vivenda da parella intoxicada polo Novichok.RICK FINDLER (Efe)

Dawn Sturgess, de 44 anos, morreu no hospital o domingo pola noite logo de caer gravemente enferma o 30 de xuño, ao exporse ao axente tóxico Novichok. Aquel día tamén foi achada inconsciente na localidade británica de Amesbury a súa parella, Charlie Rowley, de 45 anos, quen tamén estivo exposto ao axente nervioso e segue ingresado en estado crítico.

A policía británica investiga a morte desta muller que estivo en contacto co químico de fabricación rusa, co que o exespía Serguéi Skripal e a súa filla Yulia foron envelenados hai catro meses.

Comentarios