Mata á súa noiva en Florida por dicir o nome do exmarido mentres tiñan sexo

O agresor, de 24 anos, avisou á Policía, á que confesou que tomara estupefacientes

Un mozo de 24 anos, Fidel López, foi detido no sueste de Florida tras matar á súa noiva por pronunciar o nome do seu exmarido mentres mantiñan relacións sexuais. Segundo informaron medios locais, os feitos producíronse na noite do domingo, nun condominio da cidade de Sunrise, sen que os veciños puidesen facer nada para axudar á moza, María Nemeth, de orixe peruana.

A investigación revelou que foi o propio asasino quen alertou á Policía de que ferira á súa parella mentres estaban a ter relacións sexuais.

No interrogatorio cos axentes, López confesou que tomara estupefacientes e sufrido un ataque de ira no momento no que a súa noiva pronunciou o nome do seu ex esposo, segundo informou Telemundo.

Aínda que a moza atopábase con vida cando chegaron os servizos sanitarios, estes non puideron facer nada para evitar a súa morte, pois presentaba feridas moi graves en varias partes do seu corpo.

Comentarios