A policía holandesa retén a unha ministra turca que quería chegar a Róterdan

Sayan Kaya declarou que non ten ningunha intención de meterse nos asuntos internos de ningún país
Sayan Kaya, ministra turca
photo_camera Sayan Kaya, ministra turca

O convoi de automóbiles da ministra turca de Asuntos Familiares, Fatma Betül Sayan Kaya, foi retido este sábado pola Policía neerlandesa cando se dirixía ao consulado de Turquía en Róterdan, en sur de Holanda, para participar nun mitin sobre o referendo convocado por Ankara.

En imaxes retransmitidas nos medios holandeses, vese a decenas de axentes da Policía impedindo á ministra turca Kaya acceder á rúa de Róterdan na que se sitúa o consulado do seu país, despois de que o alcalde desa cidade, Ahmed Aboutaleb, ordenase pechar o acceso total á zona.


Mark Rutte: "Esta muller parece ter intencións de pronunciar un discurso político en Holanda. E non pode facelo"


A ministra turca considerou que era "unha situación realmente incrible. Planificamos unha viaxe por Holanda e Alemaña. Non temos ningunha intención de meternos en asuntos internos de ningún país. Iso é unha actitude antidemocrática", en declaracións á televisión turca privada A Haber emitidas en Holanda.

"Estamos a 30 metros do consulado. Prohibíronnos entrar. Os cidadáns darán a resposta necesaria o 16 de abril (en referencia ao referendo previsto en Turquía). Quero que os nosos cidadáns en Europa digan "Si" con forza", agrega a ministra ao mesmo medio.

Minutos antes, o primeiro ministro holandés, Mark Rutte, asegurou que os ministros turcos "non teñen prohibido entrar" no país, pero si "participar en actividades políticas" en Holanda.

"Esta muller parece ter intencións de pronunciar un discurso político (en Holanda). E non pode facelo. Estamos a traballar para resolver isto", dixo Rutte respecto de Sayan Kaya.

A ministra turca pretendía buscar apoios ao referendo constitucional turco do próximo 16 de abril, que decidirá se se amplían ou non os poderes executivos do presidente do seu país, o islamita Recep Tayyip Erdogan.

Mentres tanto, en varios puntos da cidade de Róterdan celébranse varias manifestacións nas que participan centos de persoas, a favor e en contra da presenza de políticos turcos en actos de campaña neste país.

Comentarios