¿Kim Jong-un, en coma? Os rumores sobre a saúde do líder norcoreano non deixan de medrar

Un diplomático surcoreano así o asegura e pon á irmá do ditador ao mando do país
Kim Jong-un. EFE
photo_camera Kim Jong-un. EFE

Numerosos medios da prensa internacional pon ao líder supremo norcoreano, Kim Jong Un, en coma, aínda que con vída, e á súa irmá menor Kim Yo Jong ao mando do goberno do país asiático tras as declaracións dun diplomático de Corea do Sur.

Este diplomático e asesor do presidente do seu país é Chang Song-min, quen, nunhas declaracións á prensa, asegurou que o ditador do país veciño atópase "en coma", aínda que aclarou que "a súa vida non terminou".

Nunhas declaracións recollidas polo New York Post, Chang comentaba ademais o proceso relevo de poder que se estaría dando en Corea do Norte dados os presuntos problemas de saúde que sufriría o seu actual dirixente nos últimos tempos. "Non se formou unha estrutura de sucesión completa, polo que Kim Eu-jong está a pasar a primeiro plano xa que non se pode manter un baleiro durante un período prolongado", afirmou.

Estes rumores sobre a saúde de Kim Jong Un remóntanse ao mes de marzo, cando incluso se chegou a especular sobre o seu posible falecemento tras unha operación cardíaca. No entanto, o líder norcoreano reapareción pública a principios do mes de maio.

Comentarios