Investigan se un home gravaba un vídeo ao volante cando ocorreu o accidente no que morreu o seu fillo

Outro fillo de 9 anos resultou ferido grave no sinistro, ocorrido en Sicilia

Un accidente rexistrado o pasado venres nunha autoestrada italiana, en Sicilia, custou a vida dun neno de 13 anos e provocou feridas graves ao seu irmán de 9, ademais de causar lesións ao seu pai. Era el quen conducía o vehículo sinistrado, no que algunhas informacións divulgadas por medios italianos apuntan a que gravou un vídeo mentres conducía que publicou en Facebook. 

Continúa a investigación das causas do sinistro, á espera dos exames realizados ao home, de 34 anos.