A cadea HBO estreará un documental sobre o atentado da sala Bataclan

A cinta está baseada nos recordos da banda Eagles of Death Metal, que ofrecía un concerto cando os terroristas entraron no local
Eagles of Death Metal en Bataclan
photo_camera Eagles of Death Metal en Bataclan

A cadea de pago HBO estreará o próximo mes o documental Eagles of Death Metal: Nos Amis (Our Friends), centrado nos recordos da banda estadounidense antes e despois do atentado terrorista na sala Bataclan de París. O grupo levaba a cabo un concerto naquel enclave a noite do 13 de febreiro de 2015, cando tres homes armados con fusís de asalto comezaron a disparar a discreción aos 1.500 espectadores que enchían o local.

A masacre saldouse con 90 mortos, sendo ese un dos ataques xihadistas que se produciron aquela noite en varios establecementos parisienses e que se saldaron con 130 mortos e 368 feridos. A cinta, dirixida por Colin Hanks (fillo de Tom Hanks), mostra como se estreitaron os vínculos entre os compoñentes do grupo e os seus seguidores por mor do sucedido, e como o amor e agarimo recibidos foron decisivos á hora de regresar aos escenarios de París en febreiro do ano pasado.

"Todos mirábanme a min. Vin como o medo se apoderou de todos na sala", explica o vocalista do grupo, Jesse Hughes, no tráiler do documental, que verá a luz o 13 de febreiro.

Comentarios