'The Guardian' non terá que revelar as súas fontes no caso das escoitas

A policía británica non forzará ao xornal The Guardian a revelar as súas fontes sobre o caso das escoitas ilegais practicadas por The News of the world, segundo informa este mércores o propio rotativo.

Segundo The Guardian, a policía desistiu nos seus intentos por acceder ás súas fontes confidenciais tras intervir a fiscalía e recibir críticas xeneralizadas por parte da clase política.

Por iso, segundo o xornal, anulouse unha cita ante o tribunal penal de Old Bailey, prevista para este venres, na que a policía ía solicitar autorización para requisar o material do xornal sobre o caso das escoitas.

The Guardian foi o medio que revelou os detalles máis sensacionais do escándalo das picadas telefónicas, como que os xornalistas do xa clausurado News of the world non só picaban teléfonos de famosos e políticos, senón que incluso o fixeron mentres se investigaba a desaparición da nena Milly Dowler.

A revelación de que o móbil de Dowler, asasinada en 2002 con 13 anos, fora intervido precipitou o peche o pasado xullo do 'World', un tabloide propiedade de Rupert Murdoch.

O magnate ofreceu á familia de Dowler unha indemnización de, segundo a prensa, 2 millóns de libras (2,3 millóns de euros), máis outro millón que se doará a caridade.

Dezaseis persoas, na súa maioría antigos empregados do News of the world, entre eles Andy Coulson, antigo xefe de prensa do primeiro ministro David Cameron, foron detidas ata a data e están en liberdade baixo fianza.

Unha reporteira do The Guardian foi interrogada pola policía, que intentou pescudar cal fora a súa fonte na noticia sobre Dowler.

En declaracións publicadas este mércores por The Guardian, unha fonte da policía asegurou que a petición de información fíxose "de boa fe" e que en ningún momento buscábase "un enfrontamento coa prensa".

Comentarios