Ghali abandonará España esta noite nun avión oficial alxerino desde Pamplona

Rabat xa deixou claro que a crise diplomática non se reduce ao líder do Polisario 
 
Brahim Ghali. EUROPA PRESS
photo_camera Brahim Ghali. EUROPA PRESS

O secretario xeral do Fronte Polisario, Brahim Ghali, sairá de España na noite deste martes nun avión oficial alxerino desde o aeroporto de Pamplona. Sobre as 21.30 horas abandonou o Hospital San Pedro en Logroño, onde estaba ingresado desde o 18 de abril para ser tratado de covid-19.

O líder saharauí, que este nbsp;mesmo&martes pola mañá declarou desde o hospital rioxano, de forma telemática, ante a Audiencia Nacional, abandonaría o centro hospitalario de forma discreta. 

O ministro de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, José Luís Ábalos, asegurou que a "atención humanitaria" ao secretario xeral do Polisario, Brahim Ghali, "concluíu" e aclarou que sairá nas "próximas horas e momentos". "Non ten máis sentido que permaneza en España. A atención humanitaria rematou", asegurou nunha entrevista en TVE

 

Comentarios