Fluffy, a gata que volveu á vida tras ser atopada conxelada

A familia da felina localizárona preto da súa casa baixo unha montaña de neve

Fluffy, así se chama a gata dunha familia de Kalispell, no estado de Montana (EE UU), que volveu á vida tras superar temperaturas de 14 graos baixo cero.

A pasada semana, en plena onda de frío, a felina foi localizada baixo unha montaña de neve preto da súa casa completamente conxelada e coa pelame cuberta de bólas de xeo. Nese momento, a familia de Fluffy puxo rumbo ao veterinario onde, a base de auga tépeda e mantas, lograron aumentarlle a temperatura corporal.

A propia clínica compartiu nas súas redes sociais esta historia con final feliz.

Comentarios