Fan pasar vacinas para cans por vacinas para o covid en Chile

Foron administradas a un centenar de persoas
Una trabajadora sanitaria administra una dosis de la vacuna de AstraZeneca. ALBERTO ORTEGA (EUROPA PRESS)
photo_camera Unha traballadora sanitaria administra unha dose dunha vacina contra o covid. ALBERTO ORTEGA (EUROPA PRESS)

Hai un ano, cando todo o mundo esperaba polas vacinas contra o coronavirus, nun recuncho de Chile da rexión de Antofagasta xa se estaba inmunizando a un centenar de persoas.

Nas últimas horas saíu á luz que dous veterinarios fixeron pasar doses para cans como efectivas contra o covid. Un deles difundiu un falso estudo no que recomendaba a mesma inxección que frea enfermidades como distemper ou parvovirus para o coronavirus.

Con esta base servíronse para vacinar ao xa mencionado centenar de persoas. Agora as autoridades investigan aos veterinarios por exercicio ilegal de medicamento. 

Este suceso non embaza que Chile continúa sendo un dos países con maior porcentaxe de poboación vacinada. 

Comentarios