O voluntariado tamén ten rede social

redsocial.jpg
photo_camera redsocial.jpg

Albert Dedeu, un mozo emprendedor catalán, creou Instant Karma (IK), a primeira rede social global de voluntariado que pon en contacto a voluntarios con entidades sociais non lucrativas, universidades e empresas segundo as súas habilidades, intereses e necesidades.

A creación da nova rede social, que contou coa colaboración do Concello de Barcelona e con capital proveniente de Hong Kong, realizouse coincidindo con que este ano a cidade é capital europea do voluntariado.

Dedeu explicou que "o noso principal obxectivo é dar unha maior visibilidade ás accións sociais que pequenas entidades realizan día a día en todo o mundo e conseguir facer do voluntariado un mundo máis viral e atractivo, adaptándoo aos novos tempos".

Instant Karmam, segundo o seu creador, ofrece "a potencia da conectividad a Internet e análise de datos para identificar, filtrar e facer coincidir voluntarios, entidades non lucrativas e os seus proxectos, optimizando todos os recursos existentes para facer máis eficiente a relación entre todos os participantes da acción social".

Coas características propias dunha rede social, IK funciona de xeito interactivo de forma que permite aos voluntarios e entidades non lucrativas crearse o seu propio perfil.

A partir da descrición que fan os voluntarios das súas habilidades, intereses e dispoñibilidade, a plataforma dirixe ás entidades non lucrativas o perfil de voluntario que están a buscar, "aforrándolles tempo na procura da persoa que necesitan para os seus proxectos", aclarou Dedeu.

A nova rede tamén permite que as empresas poden adherirse á comunidade de acordo coas súas políticas de Responsabilidade Social Corporativa (RSC) e aproveitar IK para xestionar os seus programas de voluntariado corporativo promovendo causas e oportunidades entre os seus profesionais.

"Tamén poden realizar un seguimento real das accións voluntarias dos seus empregados dun xeito rápido e conveniente en calquera momento e en calquera lugar", engadiu o creador.

A través da análise de datos, a plataforma con sede social en Barcelona, logra identificar, filtrar e facer coincidir aos voluntarios coas actividades máis adecuadas para as súas capacidades.

Así, cruzando informacións sobre intereses, competencias específicas, xeolocalización, dispoñibilidade horaria e outros aspectos, a nova revolución dixital do voluntariado consegue satisfacer as necesidades das entidades sen fins lucrativos aforrándolles posibles custos económicos no proceso de incorporación de voluntarios.

"O noso obxectivo é facer de IK a rede social de voluntariado líder a nivel global, non só en número de usuarios, senón tamén como referencia estatística no sector do voluntariado", indicou Dedeu.

Comentarios