Exipto aproba a súa nova Constitución co 98% dos votos a favor

O 98,1% dos votantes aprobou a nova Constitución exipcia no referendo celebrado os pasados 14 e 15 de xaneiro, no que a participación foi do 38,6%, segundo os resultados definitivos anunciados hoxe pola Comisión Electoral.

Nunha rolda de prensa no Cairo, o presidente da comisión, Nabil Salib, dixo que uns 20 millóns e medio de exipcios, dos case 53 chamados ás urnas, sufragaron no plebiscito pese ao boicot dos Irmáns Musulmáns e outros grupos afíns.

Comentarios