viernes. 03.12.2021 |
El tiempo
viernes. 03.12.2021
El tiempo

Dous mortos e sete feridos no tiroteo contra un pub de Tel Aviv

Un atacante armado disparou un refacho de fusil contra o establecemento, repleto de xente

Dúas persoas resultaron mortas e outras sete feridas no tiroteo que tivo lugar este venres nun céntrico pub de Tel Aviv, mentres prosegue a persecución do atacante polas rúas da cidade, informan os medios locais.

Ademais dos dous falecidos, hai dous feridos que ingresaron en estado crítico en hospitais da cidade, segundo a Canle 10 da televisión e outros medios.

O suceso ocorreu na rúa Dizengof, cando polo menos un atacante armado, aínda que segundo testemuñas, puideron ser máis dun, disparou un refacho cun fusil automático aos clientes, nun momento no establecemento estaba repleto de xente.

Dous mortos e sete feridos no tiroteo contra un pub de Tel Aviv
comentarios