Detida en Paquistán a 'nena afgá' retratada por National Geographic

A pequena que se fixo famosa polos seus ollos verdes na portada de xuño de 1985 está acusada de obter documentos de identidade paquistanís falsos tras subornar a tres funcionarios
Sharbat Gula, inmortalizada por el fotógrafo Steve McCurry cuando tenía 12 años y casi dos décadas después, con treinta
photo_camera Sharbat Gula, inmortalizada por el fotógrafo Steve McCurry cuando tenía 12 años y casi dos décadas después, con treinta

Sharbat Gula, unha muller afgá cuxa imaxe de nena fíxose famosa en todo o mundo cando foi publicada pola revista National Geographic en 1985, foi detida en Paquistán por ter un documento de identidade falso, segundo informa a cadea de televisión Geo. A coñecida como 'nena afgá' foi arrestada en Peshawar por posesión ilegal dun documento identificativo do país —no que vive nun campo de refuxiados— e por subornar a tres funcionarios para conseguilo, para ela e para dous supostos fillos.

Tras permanecer recluída en dependencias das autoridades rexionais, será trasladada a un cárcere de mulleres. Alí esperará ata que un tribunal vexa o seu caso, e pode enfrontarse a unha pena de prisión de ata sete anos. "Poderían expulsala do país", dixo a Efe un axente da Axencia de Investigación Federal (FIA) que preferiu manter o anonimato. A Policía busca ademais aos dous supostos fillos de Gula para detelos.

Sharbat Gula, que agora ten uns 40 anos, foi investigada nos últimos anos polas autoridades paquistanís tras descubrir que estaba a vivir no país con documentos fraudulentos. O seu retrato cando só unha era unha nena apareceu en National Geographic no número de xuño de 1985 e converteuse na portada máis recoñecida da publicación. A instantánea foi tomada polo fotógrafo Steve McCurry nun campamento de refuxiados e converteuse nun símbolo do custo da guerra da Unión Soviética en Afganistán. 

McCurry, que a retratou en 1984, iniciou despois unha procura e, tras varios intentos frustrados, atopouna en Afganistán 17 anos despois e confirmou a súa identidade utilizando unha técnica de recoñecemento de iris. Ela nunca vira a súa foto e viuna por primeira vez en 2002.

A axencia federal comezou a investigar o seu caso en febreiro de 2015, nun momento no que saíron á luz numerosos casos de refuxiados afgáns que trataban de obter documentos paquistanís para non ser expulsados do país. Paquistán alberga a 1,4 millóns de afgáns rexistrados legalmente e a outros 900.000 en situación ilegal, o que os converte nunha das comunidades de desprazados máis grandes e antigas do mundo.

Comentarios