Desactivan un artefacto con 10 quilos de explosivo colocado contra as tropas españolas

Artificieiros militares desactivaron hoxe un artefacto explosivo improvisado (IED) con 10 quilos de explosivo colocado no traxecto que ía percorrer un convoi de militares españois preto da localidade afgá de Moqur.

O artefacto localizouse o domingo, cando os artificieiros recibiron o aviso dun posible IED, que finalmente lograron desactivar á primeira hora deste luns.

O convoi español contra o que supostamente se colocou o IED estaba composto por uns 50 vehículos, máis de 150 soldados e un grupo de xornalistas que se trasladaba do posto de combate situado en Moqur á base española de Qala i Naw, na provincia afgá de Bagdis (oeste), baixo responsabilidade española.

A activación do explosivo era mediante control remoto, indicaron as fontes do continxente no país, que precisaron que estaba enterrado ao bordo do camiño, na vía denominada "ring road", a principal arteria de comunicación que circunvala Afganistán.

Comentarios