O creador da vacina de Pfizer: "As persoas vacinadas non contaxian"

Ugur Sahin realiza este vaticinio con base nuns estudos que se realizaron en Israel
Ugur Sahin. EFE/BIONTECH
photo_camera Ugur Sahin. EFE/BIONTECH

Nunha entrevista co xornal alemán Bild, o CEO da empresa alemá BioNTech, que xunto a Pfizer desenvolveu a primeira vacina contra o coronavirus que se puxo en circulación, afirma que "as persoas vacinadas non contaxian".

Estas declaracións de Ugur Sahin baséanse en investigacións científicas levadas a cabo en Israel. Os estudos apuntan a que "a cantidade de persoas para as que a PCR é positiva e que, polo tanto, son potencialmente contaxiosas, redúcese nun 92% logo da vacinación".

Sahin tamén incide na capacidade da vacina para facer fronte ás diversas cepas, incluída a variante británica. 

Ante esta situación, o creador da vacina de Pfizer sente en disposición de afirmar que "con este coñecemento, agora tamén sabemos que podemos conter a pandemia de xeito efectivo se se vacina a suficientes persoas"

Comentarios