Corea do Norte acusa á CIA de trazar un plan para asasinar a Kim Jong-un

No suposto complot colaborarían a axencia de intelixencia estadounidense e a de Seúl
Kim Jong-un
photo_camera Kim Jong-un

Corea do Norte acusou este venres á CIA de trazar, xunto aos servizos de intelixencia surcoreanos, un plan para matar ao seu líder, Kim Jong-un, con sustancias químicas durante as celebracións do pasado abril no país asiático. O Ministerio de Seguridade Estatal asegurou que detectaran a un grupo infiltrado pola Axencia Central de Intelixencia (CIA) e o Servizo Nacional de Intelixencia de Seúl para realizar "preparativos encubertos e meticulosos" para atentar contra o seu líder "mediante o uso de sustancias químicas".

Nun comunicado, recollido pola axencia oficial de noticias norcoreana KCNA, o ministerio afirma que a CIA e os servizos de intelixencia surcoreanos "subornaron" en 2014 a un norcoreano apellidado Kim que traballada nun complexo industrial no territorio ruso de Jabárovsk para que cometese un "atentado terrorista" contra o líder supremo do país. O obxectivo era asasinar Kim durante os actos en marzo no Palacio do Sol de Kumsusan (onde están embalsamados o seu avó e o seu pai, Kim Il-sung e Kim Jong-il, respectivamente) e no desfile militar.

"Dixéronlle que o asasinato con sustancias químicas, incluídas sustancias radioactivas e nanovenenos, era o mellor método, que non require acceso ao obxectivo", con resultados tras seis ou doce meses, indícase no texto.

Os servizos de intelixencia de Seúl asumiron o custo das subministracións e fondos necesarios para a operación e o home recibiu dous pagos de 20.000 dólares, así como un transmisor-receptor de satélite.

Ao longo de 2016, cando o home residía en Pyongyang, facilitáronselle instrucións para ter acceso ao lugar das celebracións e déronselle 200.000 dólares para establecer un centro de enlace no estranxeiro co fin de introducir os equipos e materiais necesarios e para "subornar a cómplices". "Insistíronlle en que tomase as mellores medidas para examinar e preparar a operación, xa que podería desencadear un incidente catastrófico, como unha guerra", unha vez coñecésese a orixe da mesma, indícase no comunicado.

En resposta, Corea do Norte ameazou con lanzar un "ataque antiterrorista" contra as axencias de intelixencia de ambos os países pola conspiración. "Imos rastrexar e destruír sen piedade ata o último terrorista da CIA" e a intelixencia de Seúl, segundo KCNA.

Comentarios