O Chapo, condenado a cadea perpetua por narcotráfico por un xuíz de Nova York

O proceso xudicial comezara co seu arresto en México en 2016 e a súa posterior extradición a EE.UU

O narcotraficante mexicano Joaquín "O Chapo" Guzmán Loera foi condenado este mércores a cadea perpetua, máis 30 anos adicionais, por un xuíz federal de Nova York.

O Chapo, de 62 anos, xa fora declarado culpable o pasado mes de febreiro por un xurado dos 10 cargos que enfrontou, incluída a participación nunha empresa criminal continuada e os cargos de tráfico de drogas, entre outros. O xuíz Brian Cogan, do tribunal de Brooklyn, aceptou así o requirido pola Fiscalía de EE.UU e condenou dunha a oito cadeas perpetuas ao Chapo, como marca a lei, por manter de forma continuada unha organización criminal, ademais de 30 anos polo uso de armas de forma violenta, ao que engadiu 240 meses por branqueo de diñeiro.

O Chapo puido falar ante o tribunal antes de dirixirse, xa para sempre, á prisión e manifestou que el esperaba que a súa fama non sería un "factor determinante para administrar xustiza", pero con todo cre que ao final "non foi así". O mexicano, que permaneceu nunha cárcere federal en Manhattan, considerada unha das máis seguras de EE.UU., afrontou un proceso xudicial de tres meses no que se escoitou a 56 testemuñas, entre eles antigos socios e empregados, e tras seis días de deliberacións o xurado achoulle culpable o pasado 12 de febreiro e agora, tras chegar extraditado fai 30 meses, pasará o resto da súa vida nunha cárcere de Estados Unidos.

Comentarios